Activa dominios - Servicio de Internet para registrar su dominio
¡Fácil, Económico, Eficaz!

-rexistro de dominios-

Productos/Servicios

Acceso clientes
Usuario
Clave
Tablón de noticias
08/05/2008
Concurso Día de Internet Noticia Completa
06/05/2008
Arquimedes Noticia Completa
28/04/2008
Pascal, Arquímedes, Galileo, Davinci, Bool, Faraday, Copérnico, Einstein, Newton, Pitágoras, Curie, Columbus, Hawking, Gauss, Doppler. Noticia Completa
Axente Rexistrador oficial de dominios .ES - Red.es | NIC.es


 
  Imagen en reemplazo de flash   Busque o seu nome de dominio
www.
   
Separador

.......y si desea traer su dominio a CentroRed, pulse aquí.

{ALT_QUEOBTENGO}
Avantaxes adicionais

Ó rexistra-lo seu dominio con CentroRed, obterá totalmente gratis os seguintes servicios e avantaxes adicionais:
  1. O envío de datos durante o proceso de rexistro do dominio realízase de forma segura mediante unha conexión SSL, que mantén en todo momento a privacidade dos seus datos.
  2. Páxina de ocupación provisional do seu dominio, con información de contacto.
  3. Servicio de redirección web gratuíta.
  4. Servicio de DNS apuntando ó servidor de aloxamento que Vde. escolla.
  5. Numero ilimitado de caixas de e-mail tipo oseunome@centrored.net totalmente gratuítos.
  6. Panel de control - Certificado e sobre SSL - para a completa xestión dos seus dominios
    e servicios de Internet.
  7. Estatísticas detalladas dos accesos á súa web (en caso de aloxa-lo dominio connosco).
  8. CGI para envío dos seus formularios desde as súas páxinas Web.
  9. Servidor espello para garanti-la integridade dos seus datos e o funcionamento da súa Web.
  10. Backup semanal dos contidos da súa web para garanti-
    la permanencia das súas páxinas.
  11. Posibilidade de contrata-la nosa Web autoxestionada.
  12. E sobre todo, a garantía, seriedade e experiencia dunha empresa que leva 9 años ofrecendo servicios de Internet. CentroRed.
Pídanos información sen compromiso mediante o noso formulario de contacto.
Icono Info CentroRed
Preguntas frecuentes

-Exemplos de rexistro de dominios:
  • A) Tipo ".COM .NET .ORG .INFO .BIZ, ETC." constrúa un acrónimo que lle resulte atractivo e relacionado co nome da súa empresa ou actividade. Por exemplo: "asuaempresa.com". Este tipo de rexistro de dominios pode solicitalo calquera Empresa ou persoa física.
  • B) Tipo ".ES" (España) pode construír da mesma forma o seu nome de dominio, pero debe ter en conta que o rexistro de dominios baixo ".ES", require que a empresa solicitante teña dereito a el, ben por semellanza o igualdade co nome rexistrado da empresa, ben co rexistro legal dun nome de marca da súa propiedade. Por exemplo, "centrored.com.
    Por favor, consulte as normas para o rexistro de dominios .es, antes de solicita-lo seu dominio.

Icono Mas CentroRed
Coñeza máis

  • Internet é unha Rede de Comunicacións onde, coma en tódalas redes de ordenadores, cada un dos elementos, servidores, nodos, ordenadores, etc. que a compoñen, identifícase e diferénciase dos demais por unha dirección única e sen igual na rede.
  • Esta dirección consiste nun número e chámase dirección IP (Internet Protocol)
  • Cada Dominio de Internet está necesariamente asociado a unha dirección IP que debe estar asociada á súa vez, a un Servidor.
  • Mediante un sistema chamado DNS (Domain Name Service) que funciona en toda a REDE, asóciase o nome rexistrado do dominio, coa dirección IP asociada ó seu Servidor de aloxamento.
  • Un nome de dominio permite que calquera usuario da REDE chegue a te-las páxinas da súa empresa na pantalla do ordenador con só poñe-lo nome de dominio da súa empresa: www.suempresa.es
  • A dirección da Web dunha empresa sen dominio propio, xeralmente adoita ser algo semellante a: www.centrored.com/clientes/empresas/asuaempresa.html
  • Polo tanto, asegurámonos rexistrar un dominio único en toda a Rede, que entre outras cousas impedirá que o noso nome sexa utilizado por alguén alleo. Isto é especialmente importante ó non existir ningunha lexislación clara que regule o rexistro de dominios, entre outras cousas debido ó "mundo sen fronteiras" que é Internet. O que está prohibido polas leis locais deste lado da fronteira, está permitido do outro lado. Sen embargo, Internet nin ten nin poderá ter fronteiras.
Non o pense máis e aproveite a facilidade que lle brindamos. Escolla o seu nome de dominio....asuaempresa.com, asuaempresa.es. asuaempresa.net, asuaorganizacion.org, etc.

Se desexa coñece-la normativa existente para o rexistro de dominios .ES, pode atopala aquí.

Valid CSS!    Valid XHTML 1.0!   [Valid RSS]